Acordeireta: “Mostrar indiferenza e ser ignorantes do noso pasado lévanos a cometer os mesmos erros e a ser cómplices do sistema”
O noso traballo é unha reivindicación do oficio das costureiras e tamén das eivas e remendos da vida, sexan de saúde física, mental e toda clase de dificultades sociais ás que nos enfrontamos cada día.
En 2020, a pandereteira Patricia González e o acordeonista Alejandro Balbuena, sacaban á luz o seu proxecto Acordeireta, co seu disco “Loitar Cantado”, toda una revolta na música tradicional, na que se mestura a festa e a loita. Cinco anos despois, coas mesmas ganas de festexar e de loitar, o dúo agasállanos con “Baixo os remendos, nós”, un disco que afonda nun son particular, e cunha narrativa que anima a coser os problemas cotiás cunha música que anima a mover os pes e a erguer os puños. Conversamos novamente con eles, para que nos falen da súa proposta musical.
¿Te gustó? Únete y comparte tu opinión
Registrarse para ver más de Hiruxima, votar, comentar y compartir tus propias ideas con la comunidad. ¿No estás seguro? Conoce cómo funciona.
Comentarios (0)